User:Lader Gwiader/Sandbox/Biography/1

From Wikipedia, the free encyclopedia

The Smashing Pumpkins foi unha banda de rock alternativo que houbo durante a década dos 90. Formouse no ano 1987 en Chicago e separouse no ano 2000. A súa formación clásica estivo composta por Billy Corgan (guitarra e voz), James Iha (guitarra), D'Arcy Wretzky (baixo) e Jimmy Chamberlin (batería). D'Arcy deixou a banda en 1999 e foi substituída pola baixista canadense Melissa Auf der Maur, que proviña da banda Hole. A principios do ano 2006 Billy Corgan e Jimmy Chamberlin volveron resucitar a banda e actualmente atópanse no estudio preparando o seu novo traballo despois de seis anos de silencio. Este disco, titulado Zeitgeist, saíu o 6 de xullo de 2007 a través do selo Reprise Records. Billy Corgan e Jimmy Chamberlin contaron cos novos membros Jeff Schroeder (guitarra, vocais), Ginger Reyes (baixo, vocais) e Lisa Harriton (teclados, vocais) para a xira de divulgación do álbum Zeitgeist.