Casa danzante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 50°04′32″N 14°24′51″L / 50.07556, -14.41417

Vista dende a ponte.

A Casa Danzante (en checo Tančící dům) é un vangardista edificio de oficinas do centro de Praga, na República Checa. O inmoble foi deseñado polo arquitecto checo (nado en Croacia) Vlado Milunić, en cooperación co arquitecto canadense Frank Gehry no lugar onde se atopaba un inmoble en estado ruinoso destruído durante o Bombardeo de Praga, en 1945. As tarefas de construción comezaron no ano 1994 e remataron dous anos despois, en 1996.

Vista Lateral.

O estilo non tradicional causou moita controversia na época. O presidente checo Václav Havel, que viviu preto do inmoble durante décadas apoiou o proxecto, agardando que o edificio se convertese nun centro de actividades culturais.

Recibe tamén o nome de Ginger e Fred por Fred Astaire e Ginger Rogers, debido a que a construción lembra vagamente unha parella de baile.

Na cobertura existe un restaurante Francés con vistas magníficas da cidade. Os planos para convertelo nun centro cultural non chegaron a facerse realidade. Na actualidade o inmoble funciona como un edificio alugado a firmas multinacionais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]