Castropol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCastropol
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°31′40″N 7°01′48″O / 43.527706, -7.030103Coordenadas: 43°31′40″N 7°01′48″O / 43.527706, -7.030103
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAsturias
Provinciaprovincia de Asturias Editar o valor em Wikidata
CapitalCastropol Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación3.289 (2023) Editar o valor em Wikidata (26,15 hab./km²)
Número de fogares1.322 (2011) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie125,77 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Cantábrico Editar o valor em Wikidata
Altitude31 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoMar Cantábrico Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal33760, 33768, 33769, 33778 e 33794 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE33017 Editar o valor em Wikidata

Páxina webcastropol.es Editar o valor em Wikidata
Facebook: ayuntamientodecastropol Editar o valor em Wikidata

Castropol é un concello asturiano galegofalante,[1][2][3] limítrofe con Galiza coa ría de Ribadeo por medio. En 2022 tiña 3288 habitantes, 710 menos ca en 2005.

A capital do concello é Castropol, que é canda As Figueiras a vila principal do municipio. Ámbalas dúas contan con porto sobre a ría. É un dos 48 concellos da Galicia estremeira. O xentilicio é «castropolego»[4] ou «castropolés».

Vista de Castropol desde a capela de San Miguel, en Ribadeo, coa enseada da Lieira á esquerda e a ría de Ribadeo por medio.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Panel da ruta costeira Castropol-As Figueiras, á beira da ría de Ribadeo
Panel da ruta costeira Castropol-As Figueiras, á beira da ría de Ribadeo

O concello de Castropol abrangue nove parroquias:[5] Balmonte, Barres, Castropol, As Figueiras, Moldes, Piñeira, Presno, Seares e Tol.

Demografía[editar | editar a fonte]

Conta cunha poboación de 3 288 habitantes (INE 2022).

Gráfica de evolución demográfica de Castropol[6] entre 1842 e 2021

Historia[editar | editar a fonte]

A partir de 1904 foi escenario dun intento político de renovación promovido por Vicente Loriente Acevedo, un castropolense que fixera fortuna en Cuba. Creou o "Partido Independiente de Castropol", popularmente coñecido como "Partido Novo", co obxectivo declarado de loitar contra o caciquismo conservador e rexenerar non só a vida política senón tamén a educativa e cultural da Asturias occidental. Publicaron o periódico decenal Castropol. O Partido Independiente obtivo significativos éxitos nas eleccións locais e provinciais, pero fracasou no seu desafío aos conservadores nas eleccións a deputados a Cortes de 1910, nas que Loriente non logrou, por moi pouco, o desexado escano fronte a Benito Castro García. A formación castropolense rematou integrándose no Partido Reformista liderado polo político republicano Melquíades Álvarez, e foi este o que nas eleccións de 1914 logrou a elección como deputado do distrito de Castropol, revalidando a elección en 1916, 1919, 1920 e 1923. Coa ditadura de Primo de Rivera desapareceu o decenario Castropol.

Entre 1938 e 1943 o seu torritorio albergou o Campo de concentración de Arnao.

Castropol na literatura popular[editar | editar a fonte]

  • Castropol, corral de vacas,/ As Figueiras, de cabritos,/ A Veiga, de folgazais,/ Ribadeo, de señoritos [7][8][9].
  • Castropol, corral de vacas,/ As Figueiras, de cabritos,/ Ribadeo, de folgazais,/ e a Veiga, de señoritos[10][11].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Parroquias[editar | editar a fonte]

Asturias | Parroquias de Castropol

Balmonte | Barres | As Figueiras | Moldes | Piñeira | Presno | Seares | Tol

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pérez Bouza, José A. (1996). El Gallego. LINCOM Europa. p. 1. ISBN 9783895860126. 
  2. Carrasco González, Juan M.; Viudas Camarasa, Antonio, eds. (1996). Actas del Congreso Internacional Luso-Español de Lengua y Cultura en la Frontera: Cáceres, 1 al 3 de diciembre de 1994 1. Universidade de Extremadura. p. 283. ISBN 9788477232377. 
  3. Fernández Rei, Francisco (1994). "Delimitación xeográfica e características lingüísticas do galego de Asturias". Britonia. Revista de Estudios da Terra Navia-Eo (1): 123–137. ISSN 1134-900X. 
  4. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 36. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  5. "Parroquias - Ayuntamiento de Castropol". www.castropol.es. Consultado o 2020-02-01. 
  6. Instituto Nacional de Estadística (España). "Alteraciones de los municipios en los Censos de Población desde 1842". Consultado o 1 de outubro de 2023. 
  7. Castropol é concello asturiano da Ría de Ribadeo; As Figueiras é unha parroquia de Castropol; Ribadeo é concello de Lugo e os da Veiga son os veciños dos arredores da boca do río Eo.
  8. Fermín Bouza Brey: “Ditos referentes a xentes e pobos” en Nós 45, 15.09.1927, 13; no texto: folgazáis.
  9. Francisco Lanza: “Falan os de Ribadeo” en Nós 1933, 118, 208).
  10. Recollida en Taramundi (Asturias).
  11. Dorothé Schubarth e Antón Santamarina: Cancioneiro Popular Galego, Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, 1988, vol. IV, 396a.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cuervas-Mons García-Braga, Antonio (2000). Castropol, Vegadeo, Ribadeo y su ría (en castelán). Ediciones Júcar. ISBN 84-334-1489-5. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]