Gran Premio de México de 1964

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
México Gran Premio de México de 1964
Detalles da carreira
Carreira 10 de 10 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1964.
Trazado do circuíto de Hermanos Rodríguez.
Trazado do circuíto de Hermanos Rodríguez.
Data 25 de outubro 1964
Nome oficial III Gran Premio de México
Localización Autódromo Hermanos Rodríguez, Cidade de México, México
Percorrido Percorrido permanente de carreira
5´000 km
Distancia 65 voltas, 325´000 km
Pole position
Piloto Jim Clark Lotus-Climax
Tempo 1:57.24
Volta rápida
Piloto Jim Clark Lotus-Climax
Tempo 1:58.37
Podio
Primeiro Dan Gurney Brabham-Climax
Segundo John Surtees Ferrari
Terceiro Italia Lorenzo Bandini Ferrari

O Gran Premio de México de Fórmula 1 de 1964 celebrouse en Cidade de México o 25 de outubro de 1964.

Resumo[editar | editar a fonte]

Foi unha das finais máis dramáticas na historia do Campionato do Mundo de Fórmula Un. Os puntos para o Campionato só podían ser anotados polos seis primeiros finalistas (9-6-4-3-2-1). Ao chegar á carreira, tres pilotos tiñan a oportunidade de gañar o título. Graham Hill (BRM) con 39 puntos, John Surtees (Ferrari) con 34 puntos e Jim Clark (Lotus-Climax) con 32 puntos. A carreira comezou con Clark saíndo desde a pole position por diante de Dan Gurney no Brabham-Climax (Gurney tiña só dez puntos ao inicio desta carreira logo de gañar o Gran Premio de Francia e dun sexto lugar). Hill e Lorenzo Bandini, compañeiro de Surtees en Ferrari, loitaban polo terceiro posto, con Surtees nun distante quinto lugar, aparentemente sen ningunha posibilidade de gañar o título. De rematar nestas posicións, Clark sería campión con catro vitorias por dúas vitorias de Hill, a pesar de estar empatados a 39 puntos. Bandini bateu á parte traseira do coche de Hill facéndoo trompear e perder algúns postos. A partir de entón coche de Hill correu co tubo de escape abolado, o que lle fixo perder potencia. O campionato estaba agora nas mans de Clark. Na penúltima volta, o motor de Clark parouse e as posicións quedaron Gurney-Bandini-Surtees. O título estaba de novo nas mans de Hill. Ao darse conta de que Surtees podería gañar o título terminando en segundo lugar, o director do equipo Ferrari avisou freneticamente a Bandini para que frease e entrase en boxes na última volta, para deixar adiantar a Surtees. Bandini obedientemente fíxoo e Surtees terminou en segundo lugar, gañando así o Campionato Mundial por un punto sobre Hill (40 por 39).

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 6 Dan Gurney Brabham-Climax 65 2:09:50.32 2 9
2 7 John Surtees Ferrari 65 + 1:08.94 4 6
3 8 Italia Lorenzo Bandini Ferrari 65 + 1:09.63 3 4
4 2 Mike Spence Lotus-Climax 65 + 1:21.86 5 3
5 1 Jim Clark Lotus-Climax 64 Motor 1 2
6 18 Pedro Rodríguez Ferrari 64 + 1 volta 9 1
7 9 Bruce McLaren Cooper-Climax 64 + 1 volta 10
8 4 Richie Ginther BRM 64 + 1 volta 11
9 10 Phil Hill Cooper-Climax 63 Motor 15
10 17 Moisés Solana Lotus-Climax 63 + 2 voltas 14
11 3 Graham Hill BRM 63 + 2 voltas 6
12 11 Innes Ireland BRP-BRM 61 + 4 voltas 16
13 23 Hap Sharp Brabham-BRM 60 + 5 voltas 19
Ret 15 Chris Amon Lotus-BRM 46 Caixa cambios 12
Ret 5 Australia Jack Brabham Brabham-Climax 44 Eléctrico 7
Ret 14 Mike Hailwood Lotus-BRM 12 Temperatura 17
Ret 22 Suíza Jo Siffert Brabham-BRM 11 Bomba gasolina 13
Ret 16 Jo Bonnier Brabham-Climax 9 Suspensión 8
Ret 12 Trevor Taylor BRP-BRM 6 Temperatura 18

Notas[editar | editar a fonte]

  • Por primeira vez, tres pilotos británicos chegaron á última carreira con opcións de gañar o campionato.
    • Graham Hill (39 pts.) necesitaba:
      • Ser 1º
      • Ser 3º, con Surtees segundo ou peor
      • Clark segundo ou peor, Surtees terceiro ou peor
    • John Surtees (34 pts.) necesitaba:
      • Ser 1º
      • Ser 2º, con Graham Hill 4º ou peor
    • Jim Clark (30 pts.) necesitaba:
      • Ser 1ª, con Surtees 3º ou peor e Graham Hill 4º ou peor
    • Jim Clark estivo a piques de logralo. Se o seu motor non se estragara na última volta, el faría o suficiente para gañar o campionato..
  • Noutra banda tres construtores estaban loitando polo campionato.
    • Ferrari (43 pts.) necesitaba:
      • Ser 1º
      • 2º, co mellor BRM terceiro ou peor
      • O mellor Lotus-Climax segundo ou peor e o mellor BRM 3º ou peor
    • BRM (42 pts) necesitaba:
      • Ser 1º
    • Lotus-Climax (37 pts) necesitaba:
      • Ser 1ª, co mellor Ferrari terceiro ou peor
    • Unha vez máis, se o motor de Jim Clark non se queimara, entón Lotus-Climax gañaría o Campionato de Construtores

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Notas:Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 6 mellores resultados contan para o Campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Carreira anterior:
Gran Premio dos Estados Unidos de 1964
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1964
Carreira seguinte:
Gran Premio de Suráfrica de 1965
Carreira anterior:
Gran Premio de México de 1963
Gran Premio de México Carreira seguinte:
Gran Premio de México de 1965