Itala (automoción)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Itala

Editar o valor em Wikidata
Fundación1904
LocalizaciónTurín, Italia
IndustriaAutomóbil
ProdutosAutomóbiles
editar datos en Wikidata ]

Itala Fabbrica Automobili foi un fabricante de automóbiles con sede en Turín, Italia, de 1904-1934, fundada por Matteo Ceirano e cinco socios en 1903.

Coches[editar | editar a fonte]

1907 Itala Grand Prix Racer con 14´75 litros e motor de 4 cilindros en liña.
O mod 1907 Itala. HP 35/45 que gañou a carreira de coches Pequín - París en 1907.
O mod Itala. 35/45 HP no Museo dell'automobile en Turín.

No primeiro ano foron presentados tres coches, un 18 hp, un 24 hp e un 50 hp. En 1905 comezaron a fabricación de automóbiles deportivos de gran cilindrada, o modelo de 14´8 litros e 5 cilindros gañou a Coppa Florio e un ano despois a Targa Florio. En 1907 un modelo de 7433 cc e 35/45 hp pilotado polo conde Scipione Borghese gañou a carreira Pequín - París en tres semanas. Estes éxitos deportivos axudaron ás vendas de xeito espectacular, e a empresa seguiu crecendo. A compañía experimentou cunha gama de motores novos, con innovacións como a, válvula de camisa, ou a válvula rotativa. Durante a guerra Itala dedicouse á produción de motores de avión, o que trouxo como consecuencia que a compañía sufrise importantes perdas a nivel financeiro.

Despois do armisticio reiniciouse a produción de automóbiles baseados nos modelos que comercializaba Itala antes da guerra, como o Tipo 50 25/35 hp e o Tipo 55, pero ambos os modelos non foron capaces de alcanzar o éxito financeiro esperado pola marca.

A partir 1924, debido ás precarias condicións financeiras, a empresa pasa a estar baixo administración xudicial que nomea a Giulio Cesar Cappa de Fiat como director xeral. Baixo o seu mando lanzouse un novo modelo, o Itala Tipo 61, con motor de aliaxe de 7 cilindros que foi relativamente ben recibido. A compañía decidiu tamén volver novamente ás competicións, fabricando o modelo Tipo 11 un coche moi avanzado con tracción dianteira, motor V-12 supercargado e suspensión independente, con todo o coche nunca chegou a correr. Dous tipo 61 tomaron parte na carreira das 24 Horas de Le Mans de 1928, gañando na clase de 2 litros.

A compañía foi comprada polo fabricante de camións Officine Metallurgiche de Tortona en 1929 e se fixeron uns cantos coches máis ata 1935. Os restos da compañía foron vendidos a Fiat.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Barzini, Luigi and L P De Castelvecchio. Peking to Paris 100th Anniversary Edition. Demontreville Press Inc, 2007.ISBN 0978956311

Outros artigos[editar | editar a fonte]