La Gioconda (copia do Museo do Prado)
La Gioconda | |
---|---|
Artista | Anónimo |
Data | 1506-1519 |
Técnica | Pintura ó óleo |
Dimensións | 76,3 cm × 57 cm |
Localización | Museo do Prado (Madrid) |
A copia de La Gioconda é unha pintura realizada ó óleo a comezos do século XVI e conservada dende 1819 no Museo do Prado de Madrid. A primeira referencia documental é a feita en 1666 nun inventario despois da morte do rei Filipe IV. A obra repite de xeito moi preciso o famoso cadro de La Gioconda, obra mestra do pintor italiano Leonardo da Vinci exposta no Museo do Louvre. A súa restauración e estudo fixéronse logo dunha petición para participar na exposición L'ultime cher-d'oeuvre de Léonard de Vinci, la Sainte Anne a finais de marzo de 2012 no Louvre. Esta considerada como a copia máis importante de La Gioconda de Leonardo. Esta nova foi publicada por vez primeira a comezos de febreiro de 2012 en The Art Newspaper, onde o estudoso Martin Bailey afirmaba que era a primeira copia xamais feita de La Gioconda.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Bailey, Martin (1 de febreiro de 2012). The Art Newspaper, ed. "Earliest copy of Mona Lisa found in Prado" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2012. Consultado o 29 de marzo de 2012.