Grupo Cuevas
Cuevas y Cía SA | |
---|---|
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1867 |
Matriz | Grupo Cuevas |
Localización | Polígono Ind. San Cibrao das Viñas r/1 nº10 32901 San Cibrao das Viñas, (Ourense) Galicia |
Fundador | Francisco de las Cuevas y Cabo |
Industria | Alimentación |
Produtos | Castañas |
Beneficio | 99,8 millóns de euros (en 2016)[1] |
Número de empregados | 420 persoas |
Na rede | |
https://www.grupocuevas.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Cuevas y Cía é unha empresa galega do sector da alimentación de Ourense, máis coñecida pola produción de marron glacé.
As súas orixes están en 1867, nun negocio de ultramarinos aberto por Francisco de las Cuevas y Cabo en Ourense. En 1944 comezaron a exportación de castaña fresca. En 1970 comezou a venda de castaña conxelada para os mercados asiáticos. Xa en 1980 José Posada iniciou a produción de marron glacé, a primeira fábrica de España.[2]
Empresas[editar | editar a fonte]
O grupo Cuevas está formado por empresas que se adican a produción e distribución de alimentación e aos servizos.
- Horeca cash
- Aquí, supermercados
- Aquié, supermercados
- Cuevas y Cía
- Plenus, supermercado do grupo
- Frunatur, froitas vexetais frescas
- Tomóvil, concesionario Ford