Laureano Peláez Canellas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1879 Verín, España |
Morte | 1 de decembro de 1955 (75/76 anos) Verín, España |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Confederación Española de Derechas Autónomas 7 de marzo de 1936 – 2 de febreiro de 1939 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Ourense | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | avogado , político |
Lingua | Lingua castelá |
Laureano Peláez Canellas, nado en Verín en 1879 e finado no mesmo concello o 1 de decembro de 1955[1], foi un avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Filosofía e Letras e Dereito. Propietario de bodegas e director da Academia Verinense, foi un dos homes máis ricos de Verín. Fundou e dirixiu do semanario El Heraldo de Verín. Durante a Segunda República Española militou na CEDA e foi elixido deputado pola provincia de Ourense nas eleccións xerais de 1936. Foi alcalde de Verín. É pai do xurista Manuel Peláez Nieto.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha do Congreso dos Deputados Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)