Luther Evans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuther Evans

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de outubro de 1902 Editar o valor em Wikidata
Condado de Bastrop, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte23 de decembro de 1981 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
San Antonio, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Librarian of Congress (en) Traducir
1945 – 1953
← Archibald MacLeishLawrence Quincy Mumford (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Stanford
Universidade de Texas en Austin Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbibliotecario , politicólogo , político Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Princeton
Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América
Universidade de Nova York
ONU Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios
Luther H. Evans

Luther Harris Evans, nado o 23 de outubro de 1902 e finado o 23 de decembro de 1981, foi bibliotecario do Congreso dos Estados Unidos e Director Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco).

Nado en Sayersville, Texas, estudou na Universidade de Texas e recibiu un doutoramento pola Universidade Stanford en ciencias políticas. En 1935 empezou a traballar para o goberno dos Estados Unidos, primeiro como bibliotecario do Historical Records Survey e en 1939 pasou á Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos, onde chegou a ser bibliotecario en 1945.

En 1953 dimitiu do cargo de bibliotecario para converterse en Director Xeral da Unesco. Anteriormente fora conselleiro da delegación dos Estados Unidos na Unesco. Un dos maiores logros do seu mandato foi a elaboración da Convención Universal sobre Copyright. Evans deixou a Unesco en 1958. Morreu en San Antonio, Texas, en 1981.


Predecesor:
John Wilkinson Taylor
 Director xeral da UNESCO 
1953 - 1958
Sucesor:
Vittorino Veronese