Xan Quinto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xuño de 1847 O Araño |
Morte | valor descoñecido Portugal |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | bandoleiro |
Lingua | Lingua galega |
Antonio Rodríguez Otero, coñecido como Xan Quinto e ás veces tamén como Xoán Quinto, nado no Araño (Rianxo) o 6 de xuño de 1847[1] e finado en Portugal, foi un bandoleiro mítico galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
A lenda conta que foi procesado por varios xulgados entre 1870 e 1880 e que a súa sona chegou até o sur da Península Ibérica así como incluso até algúns territorios de Suramérica. Ao igual que Robin Hood en Inglaterra ou a mesma Pepa a Loba en Galiza, Xan Quinto representa o prototipo de ladrón sanguinario cos ricos, e xeneroso e nobre cos pobres. Foi trasladado á literatura por figuras do talle de Valle-Inclán, co seu conto en lingua castelá Juan Quinto. Valentín Paz Andrade asinou algúns artigos na prensa co pseudónimo Xan Quinto.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Borobó (16 de febreiro de 2003). "O bandido do Araño contaba 20 anos máis que Valle-Inclán". O Correo Galego. p. 28.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Durán, José Antonio (1973). "La leyenda de Xan Quinto, bandolero gallego" (en castelán). Triunfo pp. 24-27 ISSN 0211-2868.