Fernando Llorente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFernando Llorente

(2010) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Fernando Javier Llorente Torres Editar o valor em Wikidata
26 de febreiro de 1985 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
Pamplona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura1,95 m Editar o valor em Wikidata
Peso88 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2005 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
LigaPremier League Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro centro Editar o valor em Wikidata
Número deportivo20 Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2003-2004 Club Deportivo Baskonia 33(12)
2004-2005 Bilbao Athletic 16(4)
2005-2013 Athletic Club 333(118)
2013-2015 Juventus FC 92(27)
2015-2016cesión Sevilla Fútbol Club 36(7)
2016-2017 Swansea City A.F.C. 35(15)
2017-2019 Tottenham Hotspur 66(13)
2019-2020 SSC Napoli 29(4)
2021-2021 Udinese Calcio 14(1)
2021-2022 Sociedad Deportiva Eibar 22(2) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
2003-2003   selección de fútbol sub-17 de España 3(2)
2005-2005   selección de fútbol sub-20 de España 4(5)
2005-2006   Selección de fútbol sub-21 de España 9(5)
2005-2007   Selección de fútbol do País Vasco 5(1)
2008-2013   España 23(7) Editar o valor em Wikidata
Participou en
2012Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012
2010Mundial de Fútbol Suráfrica 2010
2009Copa Confederacións Suráfrica 2009 Editar o valor em Wikidata
Premios

Facebook: fernandollorente.es Twitter: llorentefer19 Instagram: llorente_fer FIFA: 233029 UEFA: 69176 Editar o valor em Wikidata

Fernando Javier Llorente Torres, nado en Pamplona o 26 de febreiro de 1985, é un exfutbolista español que xogaba de dianteiro centro.

Foi internacional coa selección española, coa que gañou a Copa do Mundo en 2010 e a Eurocopa de 2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.[1]

Biografía[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

A pesar de ser toda a familia rioxana, a nai de Llorente foi a dar a luz a unha clínica pamplonesa onde traballaba a súa irmá.[2] Desde temperá idade, Fernando mostrou bos dotes para o fútbol. Na súa localidade, Rincón de Soto,[3] non había equipo infantil, polo que comezou xogando no Funes, en Navarra. Pouco despois pasou a formar parte das categorías inferiores do River Ebro, o club do seu pobo, onde estivo un ano e medio.[4] En 1996, José María Amorrortu, ex-técnico e xogador do Athletic Club propúxolle ir ao Athletic. A súa familia tiña tamén ofertas do FC Barcelona e do RCD Espanyol, pero Amorrortu (coa axuda dun tío de Fernando incha do club bilbaíno) logrou recrutarno.[5] Na súa primeira tempada, no alevín de segundo, só xogaba as segundas partes de cada encontro, xa que non aínda non adestraba en Lezama, a canteira branquivermella. Un ano despois, unha familia próxima á de Amorrortu acolleu á nova promesa no barrio das Areas, en Getxo. Con 14 anos entrou na residencia para mozos xogadores do Athletic, en Derio.

No seu paso polas categorías inferiores do club, Llorente chamou a atención tanto polo seu físico como polos seus dotes técnicos. Na tempada 2003-2004 foi incorporado ao Baskonia, segundo filial do Athletic. Con 18 anos, marcou 12 goles en 33 partidos. En 2004 estivo a piques de abandonar o Athletic por desavinzas coa directiva.[6]

Na tempada 2004-05 pasou a formar parte do Bilbao Athletic, o primeiro filial do club, que compite na Segunda División B. Antes de finalizar esa campaña, cando levaba 4 goles anotados en 16 encontros, foi ascendido ao primeiro persoal. Ernesto Valverde fixo debutar a Llorente na Primeira división o 16 de xaneiro de 2005, no partido Athletic 1 - 1 Espanyol. As bancadas de San Mamés aplaudiron a súa boa actuación.

Tres días despois logrou un hat-trick nunha eliminatoria de Copa do Rei fronte ao UD Lanzarote. A prensa e os afeccionados ilusionáronse co mozo Llorente.[7] Na tempada 2004-05, Llorente participou en 15 partidos de Liga, anotando 3 goles, e en 4 encontros de Copa, onde non pasou dos tres que lle fixo ao Lanzarote. Tamén disputou a eliminatoria de dezaseisavos de final da Copa da UEFA ante o Austria de Viena, que supuxo a eliminación do club branquivermello. Tras haberse clasificado líder na fase de grupos tras un histórico 1-7 en Liexa, a eliminación ante un equipo inferior foi unha decepción maiúscula.

Ao finalizar aquela campaña, en xuño de 2005, Fernando Llorente foi convocado para o Mundial Sub-20 de Holanda. A selección española foi eliminada en cuartos de final, pero Llorente tivo unha grande actuación. Marcou 5 goles, o que lle valeu para recibir a Bota de Prata do campionato, a un gol do barcelonista Lionel Messi.

Crise e críticas[editar | editar a fonte]

Na 2005-06, Llorente anotou só dous goles, en San Mamés contra a Real Sociedad e no Camp Nou contra o Barcelona. O Athletic estivo loitando durante toda a tempada por manter a categoría, o cal conseguiuse na penúltima xornada. Pola súa banda, Llorente non rendeu como se esperaba del e foi perdendo a confianza do adestrador, José Luís Mendilibar. A súa situación non mellorou coa chegada de Javier Clemente, na décima xornada. O "Louro de Barakaldo" relegoulle ao banco. Posteriormente, o dianteiro declarou á prensa que chegou a pensar en saír do Athletic debido ao trato que lle daba o adestrador biscaíño.[8] O seu momento de gloria viviuno no penúltimo partido, en San Mamés, fronte ao Real Zaragoza. Llorente efectuou dous caneos impresionantes, dando o pase de gol a Fran Yeste, que marcou o definitivo 1-0. Aquela vitoria deixaba moi preto a permanencia. Na Copa, Llorente anotou dous goles fronte ao CE L'Hospitalet, en novembro de 2005.

Na pretemporada 2006/07, Clemente foi destituído e o novo adestrador, Félix Sarriugarte, foi cesado tras 12 xornadas. José Manuel Esnal "Mané" ocupou entón o banco de San Mamés. Llorente seguiu xogando moi poucos minutos; marcou tan só dous goles naquela campaña. A primeira fronte ao Valencia CF en Mestalla, en novembro de 2006, que supuxo o empate a un. O segundo, contra o Real Madrid na Catedral, só serviu para "maquillar" o resultado (1-4). O Athletic conseguiu manterse na Primeira División na última xornada. Llorente recibiu duras críticas, e chegou a ser asubiado na amigable fronte ao AC Milan, xogado en San Mamés en outubro de 2007, e tamén fronte ao Betis.

Consolidación[editar | editar a fonte]

Na tempada 2007-08, a fichaxe do adestrador andaluz Joaquín Caparrós resultou fundamental, tanto para o Athletic como para Fernando Llorente. Ismael Urzaiz fichou polo Ajax de Amsterdam, o que deixou un grande oco na dianteira. O equipo mellorou sensiblemente con Caparrós, que apostou por Llorente como titular. Tras dous anos xogando moi pouco, obtivo a confianza necesaria para consolidarse como xogador. Anotou 11 goles en 35 partidos de Liga, e un en Copa do Rei, fronte ao Hércules CF.

A súa continua progresión como futbolista e a súa boa posición no campo consagráronlle como referencia en ataque do Athletic Club e xogador máis importante durante a tempada 2008-09, na que chegou a marcar 18 goles sumando Liga e Copa do Rei. Nesta tempada descubriuse ademais a un Llorente con moitos máis recursos de face ao gol ademais do seu característico xogo aéreo, como recortes, tiros afastados e un gran xogo de costas a portería. Os seus esforzos nesta tempada veríanse recompensados ao ser convocado por primeira vez para a selección española o 14 de novembro de 2008.

Na tempada 2009-10 anotou 23 goles entre todas os competicións oficiais.

Conseguiu o seu primeiro hat-trick en competición de liga o 28 de xaneiro de 2012 (21ª xornada), no estadio do Rayo Vallecano, nun partido que acabou con vitoria do Athletic por 2 goles a 3.[9] Sete anos antes, o 15 de xaneiro de 2005, xa conseguira o seu primeiro hat-trick nun partido oficial co primeiro equipo: foi no partido de volta dos oitavos de final da Copa do Rei, ante o Lanzarote no estadio de San Mamés, partido cuxo resultado foi de 6 a 0 para o Athletic.

O 15 de marzo de 2012 marcou o seu gol número 12 en competicións europeas en San Mamés ante o Manchester United, superando a Dani como máximo goleador do Athletic en competicións europeas.[10] Posteriormente, o 26 de abril, marca o gol que desequilibra as semifinais da Europa League ante o Sporting de Portugal, dando o pase ao Athletic á final de Bucarest do 9 de maio fronte ao Atlético de Madrid, 35 anos despois, na que perdeu por 3-0.[11]

Selección nacional de España[editar | editar a fonte]

Fernando Llorente (á dereita, co dorsal 16, defendido por Peter Crouch) momentos antes do seu primeiro gol coa selección española.

Habitual nas seleccións sub-20 e sub-21, Llorente foi convocado por primeira vez para a selección absoluta de España o 14 de novembro de 2008, na lista para un amigable contra Chile.[12] O rioxano mostrouse sorprendido e satisfeito pola convocatoria, asegurando que sempre fora a súa ilusión ser seleccionado.[13] Llorente xogou os últimos vinte minutos dese partido (3-0 para España), entrando ao campo en substitución de Xavi Hernández. O 11 de febreiro de 2009, Llorente marcou o seu primeiro gol coa selección española, nun amigable contra Inglaterra.[14]

O 20 de maio de 2010 Vicente del Bosque anunciou a presenza de Fernando Llorente entre os convocados para disputar o Mundial de fútbol de Suráfrica 2010 coa selección española.[15] O 11 de xullo do mesmo ano, proclamábase campión do mundo coa selección.

En 2012 proclamouse campión da Eurocopa coa selección, aínda que non chegou a xogar ningún partido.

Participacións en torneos internacionais[editar | editar a fonte]

Torneo Sede Resultado
Copa Confederacións 2009 Suráfrica 3º posto
Mundial de Suráfrica 2010 Suráfrica Campión
Eurocopa 2012 Polonia Polonia
Ucraína Ucraína
Campión

Selección do País Vasco[editar | editar a fonte]

Foi chamado varias veces polos adestradores da selección do País Vasco. A pesar de vivir ata os 12 anos na súa localidade de orixe, Rincón de Soto (A Rioxa), Llorente é seleccionable para este combinado por nacer en Navarra. Coa tricolor vasca anotou un só gol, no Camp Nou fronte á selección de Cataluña en 2006. A finais de 2008 asinou xunto a moitos deportistas e ex deportistas vascos un escrito esixindo o uso da denominación "Euskal Herria" para dita selección.[16]

Estatísticas[editar | editar a fonte]

A 6 de xuño de 2015.

Club Categoría Tempada Liga Copa UEFA Supercopa Total
Part. Goles Part. Goles Part. Goles Part. Goles Part. Goles
Categorías inferiores
España CD Baskonia Terceira División 2003/04 33 12 - - - - - - 33 12
España Bilbao Athletic Segunda División B 2004/05 16 4 - - - - - - 16 4
Carreira profesional
España Athletic Club Primeira División 2004/05 15 3 4 3 1 0 - - 20 6
2005/06 22 2 3 2 - - - - 25 4
2006/07 23 2 1 0 - - - - 24 2
2007/08 35 11 5 1 - - - - 40 12
2008/09 34 14 9 4 - - - - 43 18
2009/10 37 14 2 1 11 8 1 0 51 23
2010/11 38 18 3 1 - - - - 41 19
2011/12 32 17 6 5 15 7 - - 53 29
2012/13 26 4 2 0 8 1 - - 36 5
Total club 262 85 35 17 35 16 1 0 333 118
Italia Juventus Serie A 2013/14 34 16 1 0 10 2 - - 45 18
2014/15 31 7 4 1 9 1 1 0 45 9
2015/16 1 0 0 0 0 0 - - 1 0
Total club 66 23 5 1 19 3 1 0 340 129

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Subcampión da Copa do Rei Athletic de Bilbao España 2009
Subcampión da Supercopa de España Athletic de Bilbao España 2009
Subcampión da Copa do Rei Athletic de Bilbao España 2012

Torneos internacionais[editar | editar a fonte]

Título Equipo País Ano
Meridian Cup Selección española España 2003
Mundial de Fútbol Selección española España 2010
Subcampión da Europa League Athletic de Bilbao España 2012
Eurocopa Selección española España 2012

Distincións individuais[editar | editar a fonte]

Distinción Ano
Bota de prata no Mundial sub-20 2005
Trofeo Zarra xunto con Roberto Soldado 2012

Condecoracións[editar | editar a fonte]

Distinción Ano
Medalla de Ouro da Real Orden del Mérito Deportivo 2011

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Marca, ed. (1 de xullo de 2012). "España reescribe a historia". 
  2. García, Alberto (18 de xaneiro de 2005). ""Foi todo tan rápido que nin mo cría"". Mundo Deportivo. Consultado o 30 de maio de 2010. 
  3. "Un rinconero no máis alto". laratoneraderincon.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 30 de maio de 2010. 
  4. "Llorente: «Se a oferta é boa, claro que me gustaría renovar»". O Correo. 2 de decembro de 2008. Consultado o 30 de maio de 2010. 
  5. San Martín, Pedro P (16 de maio de 2010). "Un 'rei león' na área". As. Consultado o 30 de maio de 2010. 
  6. Rodrigálvarez, Eduardo (22 de xaneiro de 2009). "Branquivermellos de chiripa". El País. Consultado o 30 de maio de 2010. 
  7. "Llorente dá o salto ao primeiro equipo tras o seu hat-trick copeiro". As. 21 de xaneiro de 2005. Consultado o 30 de maio de 2010. 
  8. Ortiz de Lazcano, J. "Llorente lócese ante Clemente". El Correo. Consultado o 30 de maio de 2010. 
  9. "O Athletic de Bielsa gaña de visita con triplete de Llorente". latercera.com. 28 de xaneiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2012. Consultado o 28 de xaneiro de 2012. 
  10. Cuenca, Nika (16 de marzo de 2012). "Baño histórico ao United". As. 
  11. "Llorente fai realidade o soño do Athletic". SportYou. 27 de abril de 2012. 
  12. "Mata e Fernando Llorente, novidades na lista de Del Bosque". Marca. 14 de novembro de 2008. Consultado o 30 de maio de 2010. 
  13. Ansorena, Luís (15 de novembro de 2008). "Fernando Llorente: "É o reto máis importante da miña carreira"". El Correo. Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2008. Consultado o 30 de maio de 2010. 
  14. Guasch, Tomás (12 de febreiro de 2009). "A lección foi gratis, Capello". As. Consultado o 12 de febreiro de 2009. 
  15. Villalobos, Fran (20 de maio de 2010). "Valdés, Pedro, Javi Martínez e Llorente, as sorpresas da lista para o Mundial". Marca. Consultado o 30 de maio de 2010. 
  16. ""Euskal Herriko futbolariak..."" (PDF) (en éuscaro). Consultado o 14 de abril de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]